O pasado Domingo 24 de Febreiro usuarios de ACEESCA non faltaron a súa cita anual coa carreira popular Interrunning Piñeiro 2013, nas rúas do casco urbán de O Porriño.
Iso sí, este ano con maior número de voluntarios que na edición anterior e con representación tamén de corredores.
Os voluntarios colaboramos en diferentes tarefas, e con especial ilusión na recollida de alimentos para SOS Porriño. Namentrás que os nosos corredores Juan, Laura e David realizaron o percorrido da proba atlética.
Noraboa a todos os participantes e a organización da carreira por un acontecemento deportivo tan exitoso.