miércoles, 4 de junio de 2014

DESCUBRE AS MIÑAS CAPACIDADES. PONTE NO MEU LUGAR

“Descubre as miñas capacidades. Ponte no meu lugar”

Baixo ese lema a ANPA do CEIP Altamira en Salceda(1) e outras Asociacións colaboradoras compartimos o Venres 23 de Maio unha serie de actividades orientadas a dar a coñecer o conxunto da sociedade a realidade diaria das persoas con algunha discapacidade e fundamentalmente as súas múltiples capacidades.(2) Esta iniciativa plantexada nun inicio coma un reto para os seus organizadores creou un gran impacto tanto na comunidade educativa do centro coma en todos os participantes que vivenciaron a realidade das persoas con discapacidade física, sensorial e intelectual; adquirindo consciencia das súas dificultades e tamén de todas as súas potencialidades.

(1)Noticia no blog da ANPA Altamira de Salceda

(2)Imaxes picasa da Anpa.