martes, 30 de octubre de 2012

CONVERTÍMONOS EN PROTAGONISTAS DE "RADIO SÍ"

Aproveitando a afición que algúns dos usuarios de Centro de Día teñen pola radio, puxémonos en contacto cunha das emisoras que máis preto temos: “Radio Sí”, situada no Centro Neural (Torneiros). As periodistas de dito canal accederon encantadas a nosa proposta e ademais de ensinarnos as instalacións e a diversa tecnoloxía que empregan para salir en antena todos os días, tamén lles fixeron unha pequeña entrevista a cada un dos nosos usuarios. Como queda patente nas imáxenes, foi unha experiencia que lles encantaría repetir!!