lunes, 2 de abril de 2012

LIBRETIÑAS VIAXEIRAS

O proxecto Libretiñas viaxeiras nace da colaboración entre o CONCELLO DE PORRIÑO, CENTROS EDUCATIVOS DA CONTORNA E O CENTRO DE DÍA ACEESCA. Unha colaboración que medra cada día xa que a mesma estanse sumando empresas de autocares que desprazan os escolares a ACEESCA, e empresas coma Infoser que colaboran connosco mediante o préstamo de materiais.

O obxetivo destes obradoiros é que as persoas de Centro de Día compartan os seus coñecementos cos escolares e estas ensinanzas teñan coma resultado a elaboración dunha libretiña con motivo do día da nai ou para uso propio de cada neno.

A experiencia que deu comenzo no mes de Marzo esta tendo resultados exitosos tanto no referido a satisfacción dos nosos usuarios, coma a dos visitantes que marchan cara o seu centro orgullosos de levar unha libretiña feita coas súas propias mans. E seguiremos co desenvolvemento do mesmo ata o mes de Maio contando coas visitas de centros coma: Colexio Santo Tomás, Colexio Irmáns Quiroga, CPI RIBEIRA, CEIP Antonio Palacios, CEIP Fernández López, CEIP de Atios, CEIP Cruz de Budiño, CEIP Pontellas e CEIP Mosende.

Animaste a deseñar con nós a túa libretiña?