miércoles, 18 de mayo de 2011

Coñecemos e coñécennos

xogos

Coñecemos e coñécennos.
O venres 6 de maio usuarios de ACEESCA tiveron o pracer de ser convidados polos alumnos e alumnas do ciclo “Atención Sociosanitaria” impartido no IES Chapela.
O motivo da invitación foi, por unha banda, o contacto cun dos campos, o da discapacidade, ó que se van dedicar profesionalmente unha vez rematados os estudos e, por outra, e máis importante, a interacción e integración entre persoas de dous centros que teñen ganas de compartir unha xornada de convivencia.
xogos
Para isto os alumnos do ciclo prepararon diferentes xogos e dinámicas que facilitaron o contacto e o coñecemento mutuo ademais de diversión entre todos os presentes.
Para dar por rematada esta experiencia organizouse un bufett libre que serviu ao mesmo tempo para a posta en común de impresións e gustos sobre a comida.
xogos
Desde ACEESCA concluimos co convencemento e a satisfacción de que os futuros profesionais estánse formando cun entusiasmo abraiante e sen ningún tipo de barreira social que poida sectorializar ás persoas.