lunes, 28 de noviembre de 2011

NÓS TAMÉN VOTAMOS

Con motivo das eleccións do 20 N, algúns dos usuarios do Centro de Día propuxeron a idea de coñecer de primeira man as propostas dos diferentes partidos políticos que se presentan nestas eleccións. Debido a esta demanda, a primeira solución que lle propuxemos foi asistir ós mitíns políticos que se organizaban nos días anteriores o 20 de Novembro, pero por incompatibilidade de horarios non nos foi posible. Por este motivo contactamos con cada un dos representantes locais dos distintos partidos políticos do Porriño. Todos aceptaron a nosa proposta e recibíronnos nas suas sedes, respondendo as preguntas e dúbidas que preparamos previamente.


visitas sedes políticas