viernes, 17 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, un grupiño de usuarios de” A.C.E.E.S.C.A.” e o “Centro de Día público (Consorcio Galego) para persoas maiores” decidiron compartir este día e dedicalo a recordar algunas das fermosas cantigas do folclore galego, que xa moitas delas, desgraciadamente, están quedando no olvido.

Os maravillosos artistas do Centro de Día de A.C.E.E.S.C.A., estiveron, durante un par de meses, ensaiando tres delas, como son: “Catro Vellos Mariñeiros”, “Arlequín Dourado” e “Que che cae o cú”. O resultado foi moito máis que satisfactorio, xa que ademais de demostrar as súas habilidades para o cante tamén poideron refrescar conxuntamente outras cancións da música popular galega.