martes, 30 de octubre de 2012

CONVERTÍMONOS EN PROTAGONISTAS DE "RADIO SÍ"

Aproveitando a afición que algúns dos usuarios de Centro de Día teñen pola radio, puxémonos en contacto cunha das emisoras que máis preto temos: “Radio Sí”, situada no Centro Neural (Torneiros). As periodistas de dito canal accederon encantadas a nosa proposta e ademais de ensinarnos as instalacións e a diversa tecnoloxía que empregan para salir en antena todos os días, tamén lles fixeron unha pequeña entrevista a cada un dos nosos usuarios. Como queda patente nas imáxenes, foi unha experiencia que lles encantaría repetir!!

ENTREGA DE MEDALLAS AOS MAIORES

Seguindo coa labor inclusiva iniciada o pasado curso no Centro de Día, este ano seguimos a reunirnos co “Centro de Día Cogami” para persoas maiores, que afortunamente temos moi preto. Un dos últimos encontros foi con motivo da Celebración do segundo aniversario de apertura das súas instalacións.

A actividade consistiu nun primeiro momento, na entrega de medallas, por parte dos nosos usuarios, a cada un dos velliños para finalmente rematar botando uns bailes para animar a festa.